Elaboración das probas de avaliación na Escola Oficial de Idiomas e a propiedade intelectual
Por que hai limitacións á hora de empregar material doutros organismos no ámbito educativo?
Penso que todos e todas empregamos libros de texto nalgún momento, xa fose porque nolo indicaba o noso docente ou porque queriamos sacar algún título de idioma e resultaba máis doado ter unha especie de guía. De feito, atrévome a dicir máis: penso que todos fixemos nalgún momento un exame que máis ben parecía algún tipo de collage con exercicios reciclados, escaneados e pegados doutros libros.
Pois ben, nesta entrada, tras indagar para unha das nosas últimas clases de Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional sobre a elaboración das probas de certificación oficial das EOI e pescudar un pouco máis sobre o emprego de material doutras fontes nas aulas, vou achegar un posible debate sobre a propiedade intelectual (de aquí en adiante PI) no ámbito da ensinanza das linguas estranxeiras.
Dentro do ámbito das EOI, como en calquera outro centro de idiomas ou educativo, cada profesor e profesora escolle o seu libro de texto —se é que quere empregar un, ou varios— e seguramente elabore tamén parte do seu material. Mais de cara ás probas de certificación, a responsabilidade e autoría recae totalmente sobre eles. Tal e como indica o Real Decreto 1/2019, de 11 de xaneiro, polo que se establecen os principios básicos comúns de avaliación aplicables a este tipo de probas en distintos niveis e en réxime especial, estas prepárarse en conxunto entre o profesorado do propio centro e o doutros da mesma comunidade autónoma, e deben estar compostas por cinco actividades avaliables de comprensión oral e escrita, produción oral e escrita e mediación. Alén disto, o RD 1/2019 establece os requisitos mínimos que deben cumplir en xeral, os cales en moi poucas palabras son:
- Que os textos orais e escritos achegados nas probas deben ser variados e axeitados segundo o recollido no currículo pertinente e o obxectivo da avaliación.
- Que as tarefas deben redactarse de xeito claro, conciso e asequible, ordearse por dificultade ascendente, levar sempre un ítem 0 a modo de exemplo e a súa puntuación, tanto global como por ítem.
- Que as probas deben elaborarse e editarse de acordo cunhas pautas formais institucionais, cada parte de forma independente, e posteriormente ser validadas por un protocolo que asegure a súa calidade.
- Que non se poden tocar temas inapropiados, ofensivos ou discriminatorios.
- Que hai que indicar a fonte e data de publicación se se emprega ou modifica material de outras fontes (textos xornalísticos, por exemplo, para un comentario crítico)
- E que non se pode empregar material de carácter didáctico ou que fora creado con fins avaliativos por institucións distintas ás escolas oficiais de idiomas, independentemente do seu soporte.
Ata onde o meu coñecemento sobre PI chegaba, no ámbito escolar as citacións e o emprego de material é moito máis laxo ca noutros ámbitos, pois o fin do seu emprego é ensinar e aprender, non obter un beneficio —en cuxo caso o xusto é pagar a regalía pertinente ao creador/a—. Porén... Como é que se recomenda o uso de outras fontes (literarias, xornalísticas, etc.) mais non se son de carácter educativo? En outras palabras, como é que podemos empregar un libro de texto no día a día mais non partir del —xa non digo empregalo directamente— nunha avaliación?
Para aclarar isto, acudín á Lei de Propiedade Intelectual (RD 1/1996, do 12 de abril) e cito a continuación o apartado 3 do artigo 32:
3. El profesorado de la educación reglada impartida en centros integrados en el sistema educativo español […] no necesitará autorización del autor o editor para realizar actos de reproducción, distribución y comunicación pública de pequeños fragmentos de obras y de obras aisladas de carácter plástico o fotográfico figurativo […]
Ata aquí, todo ben, corrobora o que todos coñecemos sobre o emprego de material de outros creadores á hora de ensinar. Porén, o artigo continúa así:
[…] cuando no concurriendo una finalidad comercial, se cumplan simultáneamente las siguientes condiciones:
a) Que tales actos se hagan únicamente para la ilustración de sus actividades educativas […] o con fines de investigación científica, y en la medida justificada por la finalidad no comercial perseguida.
b) Que se trate de obras ya divulgadas.
c) Que las obras no tengan la condición de libro de texto, manual universitario o publicación asimilada […] A estos efectos, se entenderá por libro de texto, manual universitario o publicación asimilada, cualquier publicación, impresa o susceptible de serlo, editada con el fin de ser empleada como recurso o material del profesorado o el alumnado de la educación reglada para facilitar el proceso de la enseñanza o aprendizaje.
É dicir, nas EOI e nos institutos e colexios pódese empregar calquera material de xeito bastante libre, sen sequera autorización, mais non no caso de libros de texto ou manuais, contido expresamente elaborado para o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Para min, isto resulta moi curioso e incluso contraditorio. Tal vez sexa para protexer máis xustamente aos creadores e creadoras no mesmo sector e por en valor o seu traballo, obrigando a citar e debidamente e pedir o seu uso. Mais en moitos casos, editoriais de libros de texto non autorizan o seu uso sen algún tipo de reporte económico ou que se recomenden os libros a un número mínimo de alumnos, asegurando así unha venda... Logo é posible que tamén sexa unha medida de protección para estas empresas, que teñen bastante peso no sector editorial e de comunicación. Ao que habería que engadir que resulta inxusto para os creadores literarios ou de ensaio, por exemplo.
Que opinades ao respecto? Pensades que todo o contido debería ser de uso libre —coas súas debidas mencións, por suposto— no sector educativo? Ou credes que se debe protexer así, e aínda máis, aos autores e autoras? E finalmente, credes que de verdade estamos concienciados coa relevancia da propiedade intelectual en xeral?
Fontes:
Derechos de autor en educación, ¿qué debes saber? (s.f.). Tres punto e-learning. https://www.trespuntoelearning.com/derechos-autor-en-educacion/
Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, regularizando, aclarando y armonizando las disposiciones legales vigentes sobre la materia. Boletín Oficial del Estado, 97, de 22 de abril de 1996. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1996-8930
Real Decreto 1/2019, de 11 de enero, por el que se establecen los principios básicos comunes de evaluación aplicables a las pruebas de certificación oficial de los niveles Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1, y Avanzado C2 de las enseñanzas de idiomas de régimen especial. Boletín Oficial del Estado, 11, de 12 de enero de 2019. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2019-317
Esta restricción de los materiales en la pruebas de evaluación resulta inesperada. ¿Por qué limitar el uso del material educativo en el ámbito educativo? Es decir, no necesitamos autorización para emplear el material que no se ha creado con un fin educativo, pero el material que sí se ha creado con este fin parece necesitar la autorización del autor o editor de dicho material.
ResponderEliminarLo más lógico, a mi parecer, sería que el uso estuviese autorizado siempre y cuando se hiciesen las debidas menciones en el sector educativo y, por supuesto, no hubiese ningún tipo de finalidad comercial. A pesar de esto, puedo entender la presión por proteger la propiedad intelectual, ya que con las nuevas tecnologías compartir materiales o recursos se ha convertido en un proceso muy fácil y rápido en el cual citar o atribuir la autoría se hace de manera infrecuente.
¡Holi, Sabela!
ResponderEliminarMe ha parecido muy interesante tu entrada sobre la propiedad intelectual en el ámbito educativo. Si te digo la verdad, antes de esta asignatura no me había parado a pensar en todas esas restricciones a la hora de utilizar material de otros organismos.
Lo de los exámenes que parecen collages de ejercicios reciclados me suena tanto... 😅 Pero bueno, entiendo perfectamente que crear contenido nuevo que se ajuste a la materia dada es muy difícil, por lo que puedo entender el punto.
Por otro lado, el análisis que has hecho sobre la elaboración de las pruebas de certificación oficial en las EOI me parece súper detallado. Menudo trabajón que vamos a tener que hacer en el futuro... También, lo de citar la fuente y fecha de publicación si se usa material de otros sitios es fundamental (y como amantes del mundo editorial, tanto tú como yo lo sabemos).
Además, lo que has comentado acerca de la Ley de Propiedad Intelectual me dejó pensando. Esa distinción que se hace entre material educativo y no educativo es un tanto... peculiar. Y lo de los libros de texto o manuales, con esas condiciones específicas, realmente es curioso y hasta contradictorio. Personalmente, creo que debería haber un equilibrio. Claro, es esencial proteger los derechos de los creadores, pero también sería genial que el acceso a materiales educativos fuera más libre. Tal vez algún tipo de sistema que permita el uso gratuito para fines educativos, pero con las debidas menciones y reconocimientos, podría ser una solución.
¿Tú qué crees? ¿Deberíamos tener un acceso más libre al contenido en el sector educativo, o crees que estas restricciones son necesarias para proteger a los autores?
¡Espero que podamos seguir hablando de estos temas con un café! ;)
Natalia